De confesións, curiosidades e achados, por Xesús González Gómez (I)

Debo confesalo, son un féru, ou un fou, elixa o lector o substantivo francés que máis lle pete, das librarías de vello, rastros e outros lugares en que aparecen libros e papeis dun tempo ido mais non pasado. E isto desde un afastado 1967, en que no Mercat de Sant Antoni de Barcelona comprei por 1 peseta Sombra do aire na herba, de Luís Pimentel. Desde aquel afastado ano, moitos libros que inzan os estantes da miña biblioteca, e os estantes doutras bibliotecas, proveñen dese mercado ou de librarías de vello. Desde un folleto sobre Cantares gallegos de Rosalia, de Echave Sustaeta (impreso en Bilbao en 1935), até a primeira edición de La leyenda de don Juan, de V. Said Armesto, exemplar dedicado a Portela Valladares, e que nestes momentos debe estar na cidade da Cultura, na biblioteca galega que foi de Basilio Losada Castro, pasando por A rosa de cen follas, de Cabanillas (exemplar dedicado polo autor a “D. L. P. con fonda devoción”) ou a primeira edición francesa de Le poète assassiné, de Guillaume Apollinaire). E moitos outros, moitas curiosidades, galegas e, evidentemente, non galegas.

Das non galegas, sería longo enumerar os centos de libros que comprei neses lugares, mais digamos que duns 1500 volumes que teño de libros e revistas surrealistas ou sobre surrealismo, máis da metade foron comprados nese mercat, ou en librarías de vello: catalás, españolas, francesas e portuguesas. En fin, todo un mundo, este das librarías de vello e dos libros de segunda man.

Pero ademais dos libros, resulta que ás veces entre as páxinas destes aparecen cousas curiosas. Non falamos das dedicatorias: eu teño case cincuenta libros dedicados por escritores galegos a xente coñecida e, tamén, a xente menos coñecida. Desde libros de Ramón Cabanillas até Freixanes ou Pexegueiro, pasando por Bernardino Graña. Méndez Ferrín, Carlos Casares ou Xosé Manuel Beiras; ou libros colectivos asinados por case todos os colaborades do volume: dous exemplares de De amor e desamor, sen irmos máis lonxe, dedicados a dous poetas cataláns.

Das miñas conversas con libreiros de vello, sei, por exemplo, que aparecen ás veces entre os libros billetes de banco: a xente gardaba os billetes nos libros e logo se esquecía. Ou, infelizmente, morría e os seus herdeiros saldaban a biblioteca sen nin follearen os volumes. Mais o normal é que entre as páxinas dos libros aparezan postais, fotos, cartas, e outros papeis.

Así as cousas, deume por relacionar unha serie de papeis que atopei nos últimos 10 anos, momento en que decidín gardar os papeis e outros “artefactos” que aparecían entre os libros que compraba de segunda mano ou antigos. (Non gardei, iso si, as cantidades de follas ou de flores ou de árbores que apareceron en cantidades de libros: case podía montar un xardín na casa). Algúns destes papeis están hoxe en bibliotecas galegas: por exemplo, unha carta de Bernardino Graña a un home que traballaba nunha editorial en Barcelona. Atopei o libro, Profecía do mar, a edición de Xerais. Xa o tiña, pero cando vin que estaba dedicado compreino. A curiosidade foi que ao abrir o libro dei coa carta. E antes destes dez anos encontrará moitos papeis, que ou están nos meus arquivos ou regalei ou, finalmente, lancei.

Relación de papeis encontrados en libros.

–Carta de xullo de 1972 da revista Mundo aos seus subscritores lamentando que o número lles chegue con certo retraso, debido a que este foi secuestrado pola “interpretación que el Juzgado de Guardia dió (sic) a la portada del mismo.// Esta portada, en la que se publica una composición fotográfica donde figura el equipo de la selección Nacional de Fútbol, sustituidos los rostros de los jugadores por fotografías de los once nuevos ministros, se encuentra ‘sub iudice’”.

–Un Résumé des statuts et du régime de prestations de Caisse Chirurgicale mutuelle de la Gironde, caderniño de 16 páxinas (12×15,5cm). Na páxina 2 reprodúcese unha foto: “Ambulance de la Caisse Chirurgicale mutuelle de la Gironde”. Ademais da reprodución de diversos estatutos, enumera as prestacións a que teñen dereito os socios así como o custo mensual da afiliación. Imprimerie Samie Bx. O folleto non leva data de impresión, mais polo papel e o tipo de “ambulancia”, debe ser de principio dos anos 1950.

–1 Ticket rouge (1 déplacement 1 Zone) do metro parisiense.

–Folleto de 4 páxinas Extrait du Catalogue de Société d’Editions Les Belles Lettres. Algunhas das coleccións: Histoire –28 titulos, reprodúcense 9 de autores como Moses I. Finley, Arnaldo Momigliano, Alain Boureau ou Claude Singer–; La Roue à livres, 24, reprodúcense seis: Mandeville, Cícero, Procopio, etc.–; Col. Realia –16 títulos, reprodúcense cinco: La communication à Roma, Les romains et l’eau; La prostitution en Grèce e à Rome, etc–; Col. Confluets psychanalitiques –16 títulos, 3 reproducidos–; Col. Iconoclastes –23 títulos, seis reproducidos: François Cruzet, Contre René Char, H. Ibsen, Être soi-même, L. Spooner, Les vices ne sont pas crimes, Rabelais, Le français sans larmes…–; Col. Le corps eloquent –sete títulos, catro reproducidos, entre eles Sur Richard Wagner, de C. Baudelaire e Le promontoire du songe, de Victor Hugo–; Col. Architectura du verbe –dous títulos, un reproducido: Jacques Roubaud, La fleur inverse. L’art des troubadours–; Col. Science et humanisme –cinco títulos, reprodúcense dous un de Kepler e outro de Galileo–; Col. Théâtre anglais de la Renaissance –7 títulos catro reproducidos–; Obras completas de Shakespeare (38 volumes); Col. Laissez Faire –32 títulos, reprodúcense 8, entre eles David Friedman, Ver une société sans État–; Col. L’âne d’or –catro títulos, reprodúcese un: Eugenio Garin, Le zodiaque de la vie. Polémiques antiastrologiques à la Renaissance–; Col. Au sources de la tradition –seis títulos, reprodúcense tres, de Nicolas Flamel, Jamblique e Ptolomeo–; Col. Le corps fabuleux –dous títulos, reprodúcense os dous–; Col Les classiques de l’histoire de France au Moyen Âge –trinta e cinco títulos, reprodúcense tres–; Romans, Essais, Poésies, títulos de Maurice Béjart, Annie Le Brun (De l’inanité en littérature), Iggy Pop, Jean-Jacques Pauvert, Oscar Wilde, Robert L. Stevenson, etc. Col. Documents, dous títulos; obras de Giordano Bruno: de momento publicados os volumes I, II e VI; Collection des Universités de France –682 títulos, reprodúcense oito, obras de Aristóteles, Esopo, Ovidio, Petronio, Tito Livio, etc. E en Éditions Sortilèges, 12 títulos, reproducidos tres: Histoire de Chats, textes reunis par Philippe Toussaint, Coton, Nyctapole. Journal d’une obsesion e L’Oeuvre érotique, de Pierre Louÿs.

MissatgeXGG_ilus_8 Achados al poble catalá, de Josep Tarradellas, President de la Generalitat de Catalunya. Folleto de 4 páxinas (16×20), en ciclóstil, datado o 1 de decembro de 1975. Na portada reprodúcese unha foto dun novísimo Tarradellas. Fala da situación política de Cataluña despois da morte do Caudillo.

–Postal de Túnez (souvenir de Kairouan), dirixida a unha muller domiciliada en Castelldefels. A remitente deseña un camelo e o seu condutor. Escrita en catalán e datada o 6 de agosto de 1988.

–Rexistro de asistencia a unha aula de MATES-PREU. Non pon nome de colexio ou academia, nin ano, iso si, sábese que é de Marzo, día 3. O nome do profesor está mecanografado: Sr. Fuentes, así como o nome dos alumnos: 5 homes e unha muller.

–Postal enviada desde Nantes a unha muller domiciliada en Las Palmas de Gran Canaria. A postal reproduce unha “Aquarelle originel de Robert Leboucher”. Enviada, segundo o mataselos, o 19 de xuño de 1987.

–Carta da revista Mundo aos subscritores avisando de que non lles chegará o semanario, xa que “el Consejo de Ministros ha ordenado la suspensión durante cuatro meses del semanario Mundo”. Avísase aos subscritores do dolo financeiro ao que somete á revista o Consello de Ministros, así de que cando apareza de novo será renovada: novas seccións e novos colaboradores. A carta non vai datada.

–Tarxetón escrito en portugués e a man. A tarxeta é dunha empresa (editorial?), Quidnovi, de Lisboa e nela a unha tal Ella avísaselle que lle envían a novela Isabel d’Ávila, que “ganhou o premio talento do Ministerio de Negócios Estrangeiros e o Prémio Revelação da Revista Máxima”. Non leva data. Asina, firma ilexíbel.

–Unha entrada ao Museu d’Historia de la Ciutat, de Barcelona, Exposición “Deeses”.

–Folleto de catro páxinas presentando unha escultura de Fabiola Lalinde, que se reproduce na portada. Reprodúcense textos do escritor Manuel Mejía Vallejo e Andrés Eloy Blanco, un texto de Fabiola: “Apuntes para la historia de mi vida”, un asinado por Tertulia del Ángel e un poema de Fabiola Lalinde, “escrito a 3 de julio de 1990, cinco años y nueve meses de dolor, rabia e impotencia, tras la búsqueda de su hijo desaparecido, Luis Fernando Lalinde Lalinde”. Miércoles 2 de abril, Casa de la Cultura Cerro del Ángel. Revista Quitasol. Bello 2008. Bello é un lugar de Colombia. Reproducimos anacos de “Apuntes para la Historia…”:

Invitada: una mujer sin importancia.
Hoja de Vida o, mejor, más acertado: Hoja de adversidades, fracasos, retos y desafíos.
Nombre: Fabiola. Por fortuna nadie lo recuerda, convirtiéndose en otros muchos nombres que en nada se parecen: Ofelia, Margarita, Elvia, Josefa, Yolanda, Laura…
Padre: Hija de dos extremistas: Un padre liberal-liberal, finquero, que no tragaba entero y una madre, maestra, conservadora de extrema, de camándula y golpes de pecho.
Lugar de nacimineto: Nacida en la zona cafetera del viejo Caldas, a la hora del crepúsculo en que las cosas brillan más.
Edad: Años Cincuenta y un siglo de ausencias.
Estado civil: Colombiana, cabeza de familia.
Número de hijos: cuatro. Una familia atípica
El mayor: Sociólogo y Marxista detenido-desaparecido-asesinado-desintegrado y ocultados sus restos por una patrulla militar del ejército, en la raíz de un árbol en lo alto de una montaña.
El segundo: filósofo de a pie, acusado por reflejo, como las valorizaciones, de los delitos que jamás hemos cometido.
La única mujer: escultora y ceramista. Su obra ha sido amasada con lágrimas, con dolor y con coraje. Su pieza más significativa y bella: la urna para los restos de su hermano, una obra de arte, todo un desafío y un reto a la crueldad del Estado y a su impunidad.
El menor, el benjamín de la familia, próximo a terminar Derecho, la persecución le torció su brillante carrera y terminó exiliado por denunciar y buscar a su hermano.
Profesión: ¡Peligro…! Promotora de Derechos Humanos, etc.

–Punto de libro de Robinson libros, de Madrid.

–1 factura de venda do libro El muchacho de los senos de goma. 39 pesos.
Fra. Nº 0004-00145677, 16 de novembro de 2007. A nome de Casimiro Friol (C. F.), pagado en efectivo. Librería Hernández, 1956-2006. 50 años de buenos libros. Avd. Corrientes (C1043ABA), Buenos Aires. Argentina.

–Postal de Cervejaria-Brasserie-Beer House. Castelo Mourisco –Snack Bar- Artesanato. Rua St. a Cruz do Castelo Nº 3 a 7. Tel.: 86 78 52. Lisboa.

–Tarxeta persoal de Michel Quint, escritor francés. Vén enderezo e teléfono. Quint é un escritor de novelas policiais e autor dunha noveleta excelente: Os xardíns da memoria. (Existen versión catalá a española desta noveleta.)

–Tarxeta de Alfredo de Paz, crítico italiano, especialista no romanticismo e nos movementos de vangarda. Ten diversos libros publicados en España, altamente recomendábeis, como, por exemplo, o publicado por Tecnos: La revolución romántica. Enderezo e teléfono.

–Carta dunha tal Loli Araquistáin a quen semella unha curmá chamada Julieta, na que lle mencionan o envío de “Este pequeño libro de una colección que hacemos en casa hace muchos años, y al leerlo veo que en él nombran a nuestro abuelo y a tu padre en la página 33”. A carta é enviada desde Bilbao e datada o 16 de febrero de 1996.

–Entrada XGG_ilus_6 Achadosdo cine Rías Bajas. Sangenjo. (Pontevedra)
Nº de empresa F. 4.438. DNI 76852973.
Butaca 21412
Impreso por (ilexíbel), Malvarrosa, Valencia.

–Folleto de 8 páxinas 21×28 cm.

Declaración solemne del Ministeri d’Afers Estrangers de la U.R.S.S.
Sobre el Pacte Nord-Atlàntic.

Portada: TituloXGG_ilus_9_1_ Achados do folleto e foto de V. Molotov, Ministre d’Afers Estrangers de la U.R.S.S.
Edité par Le Parti Communiste Français
R.I.N.P., 14, rue du Paradis, Paris 10e.
Sen data, máis o texto vai datado o 28 de xaneiro de 1949.
Trátase da versión ao catalán do manifesto contra a OTAN feito polo Partido Comunista da Unión Soviética. Este folleto apareceu entre as páxinas da edición de Edicións Península de El reñidero español, de F. Bokernau. Digamos que, hoxe por hoxe, é unha pequena xoia bibliográfica, sobre todo por estar en catalán e estar editado nos tempos do franquismo, polo que cabe preguntarse sobre a influencia dos homes e mulleres do PSUC tanto no Partido Comunista de España como no Partido Comunista francés, xa que este “documento” chegaría a moi pouca xente.

–Un punto de libro xaponés que representa un xaponés en vestido “típico” e a cores, bordado en fío e en releve, e plastificado.

–1XGG_ilu_2 Achados tarxeta de propagandaXGG_ilus_4_1_ Achados de G. Charpentier e E. Fasquelle Éditeurs, 11, rue de Grenoble, París, na que se publicita o libro:

Un siècle de modes féminines (1794-1894)

Autre cent toilettes reproduites en couleurs d’après des documents autentiques.
3 fr. 50. Se trouve à toutes les librairies. Envoi franco contre mandat ou timbres-poste.
Voir ao verso le spécimen reduit. Reprodúcese unha muller vestida á moda.

–Recuerdo de mi primera comunión: David G. P. 18 de mayo de 1986. Reproduce un anxiño.

–Diversos. Todos relixiosos. Unha serie.
El día más bello: hoy/ La cosa más fácil: Equivocarse/ Los sentimientos más bajos: Los celos. El amuleto más eficaz: La sonrisa./ El regalo más bello: El perdón, etc.
Unha pequena postal que reproduce á virxe co neno no colo. Un tríptico sobre La divina misericordia. Devoción mensajes. Promesas. Unha serie de fotos que reproducen motivos dalgunhas obras de misericordia. Esta serie de fotos é un pequeno folleto feito polos Hermanos de San Juan de Dios. O tríptico era obra do Apostolado de la Divina Misericordia, de Barcelona.

–Carta dunha tal Lurdes a un tal Ismael, escrita nunha tarxeta de propaganda de
Venta sistema 7 hiper moda
MODA ACTUAL
PRECIOS FÁBRICA
DISCOS, CASSETTES
BISUTERIA

–Albarán dunha tenda de electrodomésticos
Designación mercancías: TV Sony 29” + Mando Ac 160 €
Sofá Amarillo 200€
Datado o 17 de decembro de 2004. Leva o tampón de PAGADO.

–Carta (10 de novembro de 1990), da directora do Centro de Estudios Lingüísticos y Literarios del Colegio de México ao director dunha revista literaria que se edita en Barcelona e na que se di:

Muy estimado señor P. [digamos que a directora equivoca o apelido do director, que no canto de por P. empeza por R.]: Me es grato enviarle el libro que acaban de publicar El Fondo de Cultura Económica y El Colegio de México, en sus respectivas series: Vida y Pensamiento de México y Serie de Lingüística y Literatura.
[Vén nome da autora e título do libro.]
La opinión de su revista sobre este trabajo sería muy valiosa para nosotros. Le ruego que lo tome en consideración para reseñarlo. En caso de que se haga la reseña, le agradecerá (sic) el envío de dos separatas o fotocopias.
Reciba un saludo muy cordial de

Adxunta vai unha tarxeta persoal da autora do libro, que tamén traballa en el Colegio de México e nese Centro de Estudos literarios e Lingüísticos.

–Panfleto de catro follas (16, 50×24) de cor amarela:

TLC con la Unión Europea. ¡No más Carabelas!

Panfleto contra o Tratado de Libre Comercio coa Unión Europea que negociaba o goberno colombiano. O panfleto asínao unha serie de asociacións e organizacións colombianas: Red Colombiana de Acción Frente al Libre Comercio – Campaña Cpmercio con Justicia – Asociación de Cabildos Indígenas del Norte del Cauca – Organización Nacional Indígena de Colombia – Central Unitaria de Trabajadores – Confederación Nacional del Trabajo – Organización colombiana de Estudiantes, etc.
Na primeira páxina reprodúcense tres carabelas. Dúas delas levan nas velas anagramas, unha o de Telefónica e outra o do BBVA. Datado en xuño de 2009. Leva un enderezo electrónico: www.recalca.org.co.

–Postal, en branco e negro, que reproduce unha vista xeral de Xenebra, enviada por unha parella desde esta cidade suíza aos uns seus tíos que viven en Barcelona, datada o 26 de outubro de 1958.

–Postal de Oropesa enviada por unha nena a súa nai que vive en Sabadell. Datada o 26 de agosto de 1980. Escrita en catalán.

–Ticket gris de 10 viaxes do metro parisiense. Só gastados 6.

–Folla do 5 de maio do bloc Maragall 1975.
Saída e posta de sol. Relacións dos santos do día. Na contraportada, tres chistes. Todo en catalán.

–Tarxeta:

Grupo Literario Hispano-Americano
En GRANJA ROYAL PRESENTA al Pintor
(Pelayo, 58) GUMERSINDO SAINZ

el miércoles 24 el cual, en homenaje al pintor Santasisagna, pintará a la a las 10,30 vista del público, un cuadro que será sorteado entre los asistentes, a fin de recaudar fondos, que serán entregados noche en nombre de todos al citado que se halla recluido (sic) en una casa de salud.

Dirección:
Francisco Rojas

–Catalogue de Éditions du Sagittaire. Chez Simon Kra, 6 rue Blanche, Paris (9e)
8 páxinas (11,5×19)
Na primeira páxina, biografía do historiador italiano Guglielmo Ferrero, así como a súa bibliografía en francés.
Catálogo por coleccións.
Collection de la Revue Européenne. 22 volumes, entre eles: Le Bon apôtre, de Philippe Soupault (11 edición), Maximo Gorki: Souvenirs de ma vie littéraire (11 edicións); Max Jacob, L’Homme de chair et l’homme reflet (7 edicións). Ramón Gómez de la Serna, La Veuve Blanche (6 edicións), trad. de Jean Cassou; Luigi Pirandello: On tourne. (9 edicións). René Crevel: Mon corps et moi (7 edicións), Georges Ribemont-Dessaignes: Céles Ugolin (7 edicións).
Ouvrages Documentaires. 18 libros, entre eles: André Breton: Manifeste du surréalisme; Pierre Mac Orlan, Les Pirates de l’Avenue du Rhum (11 edicións); M. Gorki, Lénine et le paysan russe (21 edicións); Miguel de Unamuno, Verités Arbitraires (9 edicións), Chkloski (V. Slovski), Voyage sentimental (7 edicións); André Germain, De Proust à Dada (6 edicións).
Les Cahiers Nouveaux, 20 títulos. Entres eles: Miguel de Unamuno, Le marquis de Luimbria (esgotado); Robert Desnos, Deuil par deuil (esgotado), G. Ribemont-Dessaignes, Ariane; Philippe Soupault, Voyage d’Horace Pirouelle; Benjamin Péret, Il était une boulangère; Max Jacob, Les Pénitents en Maillots roses; Gabriel Miró, Semaine Sante. E obras a aparecer de Georges Duhamel, Andre Maurois, Francis Carco, Michel Leiris, Robert Desnos, etc.
Na contraportada, anuncio da Anthologie de la nouvelle poésie française. Unha antoloxía que ía de Baudelaire a Tristan Tzara. E o anuncio da aparición en breve de Aventure, de J. Conrad e Ford Madox Ford.
Imprimerie Parisienne, 111 rue du Mont-Denis (18e).
(Un aviso, as tiraxes eran dun máximo de 700 exemplares por edición, normalmente de 400 exemplares).

–Folleto de catro páxinas (12×17). Páxinas 1 e 2: Sommaire des numéros parus, por orde decrecente do nº 6 (été 1961) ao nº 1 (printemps 1960).
Páxina tres: On a lu, on lit, on lire TEL QUEL, diversas opinións Jean Paulhan: (La nouvelle revue française), Lucien Guissard (La Croix), Jean-Charles Varennes (Centre Main), Olivier de Maigny (L’Express), Libération (semanario comunista), Jean Tortel (Cahiers du Sud), Ph. Jaccottet (La Gazette de Lausanne).

–Folleto catálogo da colección de Éditions du Seuil, “L’Histoire immédiate”, dirixida por Jean Lacouture. Entre os libros publicados por esta colección: Cinc hommes et la France, J. Lacouture; La Chine et son ombre, Tibor Mende; Les paysans contre le passé, S. Mallet; Egypte, société militaire, A. Abdel-Malek; Stratégie ouvrière et néo-capitalisme, A. Gorz; Pie XII et le 3e Reich, Saul Friedländer, etc.
Reverso: publicidade, reprodúcese portada e sumario, do libro de Jacques Nobécourt, “Le Vicaire” et l’histoire, publicado en tal colección. Tamén se reproduce un pequeno fragmento da recensión aparecida no xornal Le Monde.

–Postal que reproduce A bebedora de asenta, de Picasso. Postal editada polo Museo de L’Ermitage, de San Petesburgo, antes Leningrado. No reverso: “Un fuerto abrazo desde esta orilla”, firma ilexíbel.

–Postal publicitaria do Salon International du libre ancien 16-17-19 abril 2010 11-20 h.

Le libre ancien/ L’Estampe et le dessin/ Le Grand Palais Paris.

–CartaXGG_ilus_5 Achados postal publicitaria que reproduce unha muller cuxos dous seos se confunden cos cranios de dous homes calvos.
Tarxeta tirada do libro L’âge d’or de la carte postale, de Ado Kyrou, autor, entre outros libros, de Le surréalisme et le cinéma.
“A vida política, os sucesos, o amor reviven a través de 450 postais inéditas en negro e en cores.
Un recordo para ti!
Un recordo para os outros!”

–Tarxeta-recordatorio: “M. del C e Laura B. S. alumnas de la Escuela Betania, han recibido la primera comunión en el Real Monasterio de Santa María de Pedralbes.
Barcelona, 12 de maio de 1956”.
A postal reproduce unha ovella sentada sobre un monte de herba e dous anxiños a adorala. Dúas pombas voan no ceo (6×10 cm.).

–Carta enviada polo Director da Biblioteca Aragonesa de Cultura a un coñecido xornalista e crítico de arte barcelonés avisándolle que lle envía un novo libro desta colección. Zaragoza 24 de decembro de 2003. Asina o director da Biblioteca Aragonesa de cultura, E. F. C.

–Tarxeta remitida pola revista musical Ritmo a don Félix de Azúa Comella, República Argentina, 263, at. 2º, Barcelona-6, recordándolle que “dentro de tres o cuatro días le será presentada por el funcionario de correos, y en el domicilio a que va dirigida la presente, la tarjeta recibo-reembolso, por un importe de 1032 ptas. 29 de agosto de 1978”. Anotado a man: no verso, teléfono do escritor A. Prometeo Moya; no reverso, enderezo do fotógrafo Leopoldo Pomés.

–Albarán de “venda a dinheiro” da Livraria Sá da Costa editora, do 9 de agosto de 1999. Libro vendido: 1 Cartas de Ofelia a Fernando Pessoa. 4.200 escudos, IVA incluído à taxa do 5%. Acompañado do envoltou dun Ginger Candy –bonbom au gengibre, made in Indonesia.

–Foto dunha serie de bolsos pendurados dun muro expostos para a venda. Típica foto de turista.

–Tarxeta (8,6×10) vermella da Papeleria Imprenta Gimeno que reproduce a letra do Himne Valencià:

Per ofrenar noves glòries a Espanya,
Tot a una veu, germans, vingau,
¡Ja en el taller i en el camp remogeren
Càntics d’amor, himnes de pau”, etc.

–Tarxeta vermella na que aparece un cadro, que reproduce un home negro. No reverso, en inglés e español: “Campo de refugiados de Lukole (Tanzania). Pedimos a Lenin, un pintor de rótulos lugareño, que hiciera un retrato de un hutu. Y esto el lo que nos dio”.
A postal esta dirixida a Ana María Matute, Barcelona, e nela dise:

Querida Ana María: ¿te acuerdas de S.?
Te mando la novela de un joven: creo que promete.
¿Vale la pena introducirlo en OTRA editorial?
¡MUCHA SALUD! ¡FELICES CALORES!
Besos veraniegos!
S.

Esta entrada foi publicada en Achados, GSG, Xesús González Gómez e etiquetada , . Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a De confesións, curiosidades e achados, por Xesús González Gómez (I)

  1. Pingback: De confesións, curiosidades e achados, por Xesús González Gómez (II) | Xalundes

Os comentarios están pechados.