Arquivos do autor: Xoán Abeleira

Acerca de Xoán Abeleira

Fillo de emigrantes galegos, Xoán Abeleira naceu en Maracay (Venezuela) no 1963. No 1973, a súa familia volta a España, Madrid, onde Abeleira inicia a súa andaina como poeta, narrador, tradutor, músico, xornalista e crítico literario.
En Madrid publica os seus primeiros poemarios (Umbral del Centinela/La piel iluminada, Olifante, 1997, volume dobre nomeado ós premios Ícaro de Literatura do Diario 16), Identidades (Hiperión, 1998) e Nueve motivos para un obsequio (Mandala, 2001, unha obra realizada canda a pintora brasileira de sumi-e Lourdes Parente). En Madrid estréase tamén coma autor de literatura para nenos, coa serie Las aventuras de Nunavut, pola que recibe excelentes críticas nos principais xornais nacionais, é invitado a falar en distintos colexios e institutos, e é elixido “autor do mes” pola prestixiosa revista CLIJ. En Madrid estuda teatro (con José Carlos Praza e William Layton), dirixe unha montaxe baseada en dúas pezas curtas de Tennesee Williams (Querencia, estreada no Teatro del Mercado de Zaragoza), crea un grupo musical (La República, con disco homónimo), traballa coma xornalista (Cuadernos Hispanoamericanos, El Urogallo, Diario 16, El Público) e coma guionista (na TVE).
En 1999 trasládase á Coruña, onde reside na actualidade. Esa volta definitiva ó lugar da diáspora impúlsao a toma-la decisión, ética e estética, de recupera-la lingua dos seus pais, e, a partir de entón, escribe exclusivamente en galego. Na Galiza publicou xa Magnalia (un “libro de artista” creado coa poeta Olga Novo e a pintora e poeta Alexandra Domínguez), Animais Animais, unha nova versión da serie As aventuras de Nunavut -que, aínda que iniciada en castelán, pensa completar en galego-, e un ensaio lírico e fotográfico verbo da obra e da figura de Manfred Gnädinger, “o alemán de Camelle”, titulado A pegada de Man.
O seu labor como tradutor -altamente recoñecido tanto en Galiza e España coma en Latinoamérica- abarca xa máis dunha trintena de nomes, entre os que salientan os de Rimbaud, Apollinaire, Breton, Desnos, Char, Artaud, Michaux, Rabearivelo, Esteban, Bonnefoy, Shelley, Berger, Ginsberg, Hughes ou Plath.
Na actualidade colabora coma columnista e crítico literario no xornal La Opinión de A Coruña e El País.

Jean-Pierre Duprey traducido por Álvaro Cunqueiro

O  Xesús González Gómez envíanos iste novo achado: un poema de Duprey traducido, con pseudónimo, por Cunqueiro: Scan-1

Publicado en Traducións, Xesús González Gómez | Deixa un comentario

Surreal Campo das Estrelas

O mestre que non se cre tal, Xesús González Gómez, envíame iste artigo de Álvaro Cunqueiro -que os honra sobremaneira, a Cunqueiro e a González, quen o recolleu nun volume de artigos do primeiro. Sempre me pareceu moi inxusto que … Sigue lendo

Publicado en Artigos (im)pertinentes, Devanceiros, Paul Éluard, Xesús González Gómez | Deixa un comentario

A DOUTÁN

Xornadas surrealistas co gallo da presentación da exposición ¨A VIDA DENDE O OUTRO LADO: O surrealismo galego-portugués”, prevista para febreiro-marzo do 2019, na Coruña. Venres 27 de outubro 17.30 Integracion activa na xeroperformance do creador brasileiro Paulo Bruscky. 18.00 Relatorio … Sigue lendo

Publicado en Actos, Exposicións, GSG, Recitais, Soños | Comentarios desactivados en A DOUTÁN

Reseña do libro de Xesús González Gómez

http://surrint.blogspot.com.es/2017/07/28-de-septiembre-de-1966.html

Publicado en Críticas, Xesús González Gómez | Comentarios desactivados en Reseña do libro de Xesús González Gómez

Marcel Mariën: un surrealista a lembrar

https://fr.wikipedia.org/wiki/Marcel_Mari%C3%ABn Nu lendo o Financial Times

Publicado en collages, Fotografías, Marcel Mariën | Comentarios desactivados en Marcel Mariën: un surrealista a lembrar

liberdade é una palabra wayú

VIVAN POR SEMPRE AS CULTURAS INDÍXENAS REBELDES

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en liberdade é una palabra wayú