Arquivos do autor: Xoán Abeleira

Acerca de Xoán Abeleira

Fillo de emigrantes galegos, Xoán Abeleira naceu en Maracay (Venezuela) no 1963. No 1973, a súa familia volta a España, Madrid, onde Abeleira inicia a súa andaina como poeta, narrador, tradutor, músico, xornalista e crítico literario. En Madrid publica os seus primeiros poemarios (Umbral del Centinela/La piel iluminada, Olifante, 1997, volume dobre nomeado ós premios Ícaro de Literatura do Diario 16), Identidades (Hiperión, 1998) e Nueve motivos para un obsequio (Mandala, 2001, unha obra realizada canda a pintora brasileira de sumi-e Lourdes Parente). En Madrid estréase tamén coma autor de literatura para nenos, coa serie Las aventuras de Nunavut, pola que recibe excelentes críticas nos principais xornais nacionais, é invitado a falar en distintos colexios e institutos, e é elixido "autor do mes" pola prestixiosa revista CLIJ. En Madrid estuda teatro (con José Carlos Praza e William Layton), dirixe unha montaxe baseada en dúas pezas curtas de Tennesee Williams (Querencia, estreada no Teatro del Mercado de Zaragoza), crea un grupo musical (La República, con disco homónimo), traballa coma xornalista (Cuadernos Hispanoamericanos, El Urogallo, Diario 16, El Público) e coma guionista (na TVE). En 1999 trasládase á Coruña, onde reside na actualidade. Esa volta definitiva ó lugar da diáspora impúlsao a toma-la decisión, ética e estética, de recupera-la lingua dos seus pais, e, a partir de entón, escribe exclusivamente en galego. Na Galiza publicou xa Magnalia (un "libro de artista" creado coa poeta Olga Novo e a pintora e poeta Alexandra Domínguez), Animais Animais, unha nova versión da serie As aventuras de Nunavut -que, aínda que iniciada en castelán, pensa completar en galego-, e un ensaio lírico e fotográfico verbo da obra e da figura de Manfred Gnädinger, "o alemán de Camelle", titulado A pegada de Man. O seu labor como tradutor -altamente recoñecido tanto en Galiza e España coma en Latinoamérica- abarca xa máis dunha trintena de nomes, entre os que salientan os de Rimbaud, Apollinaire, Breton, Desnos, Char, Artaud, Michaux, Rabearivelo, Esteban, Bonnefoy, Shelley, Berger, Ginsberg, Hughes ou Plath. Na actualidade colabora coma columnista e crítico literario no xornal La Opinión de A Coruña e El País.

Unha fotografía descoñecida de Paul Éluard

Acho na rede, e comparto esta fotografía pouco coñecida de Paul Éluard apertando unha muller non identificada.  

Publicado en Fotografías, Paul Éluard | Etiquetado | Comentarios desactivados en Unha fotografía descoñecida de Paul Éluard

LER(SE)

… e ó vela tan embebida quixo berrarlle e calou: Monelle! Leme a min! Marcel Schwob

Publicado en Fotografías | Comentarios desactivados en LER(SE)

Leonora Carrington e Max Ernst: amantes superrealistas.

Publicado en Debuxos, Fotografías, Lee Miller, Leonora Carrington, Max Ernst | Comentarios desactivados en Leonora Carrington e Max Ernst: amantes superrealistas.

Blog de Antonio Ramírez

Velaquí vos deixo o link do blog do compañeiro Antonio Ramírez, colaborador do Grupo Surrealista de Madrid, no que atoparedes varias series de obras (debuxos, carteis, portadas de discos…) sumamente interesantes, así coma un par de artigos sobre o seu … Sigue lendo

Publicado en Antonio Ramírez, Grupo Surrealista de Madrid | Comentarios desactivados en Blog de Antonio Ramírez

50 ANIVERSARIO DA NON MORTE DE ANDRÉ BRETON

Esta crise nosa é tan aguda que eu, pola miña banda, tan só vexo unha solución: chegou a hora de facer valer as ideas da muller en detrimento das do home, cuxa creba tumultuosa se consuma na actualidade[…] Que a … Sigue lendo

Publicado en André Breton, Elisa Bindorff | Etiquetado | Comentarios desactivados en 50 ANIVERSARIO DA NON MORTE DE ANDRÉ BRETON

Presentación ¨Pleamargen¨ de André Breton no Centro de Poesía José Hierro

http://www.cpoesiajosehierro.org/web/front.php/poesia-en-la-red/convocatorias/item/presentacion-de-pleamargen-poesia-1940-1948-de-andre-breton#

Publicado en André Breton, Publicacións, Traducións | Comentarios desactivados en Presentación ¨Pleamargen¨ de André Breton no Centro de Poesía José Hierro